O xogo de Tiger Woods para o iPhone está á altura das versións para DS e PSP

luns, 4 de maio do 2009 Marcus Fernández

Os usuarios norteamericanos do iPhone e iPod Touch poden adquirir o xogo Tiger Woods PGA Tour, que chega ao mercado coma un dos mellores xogos de golf para unha plataforma portátil, cun nivel gráfico que lle permite compararse á PSP de Sony e unha interface de uso que o asemellaría máis á Nintendo DS, pero cun prezo de venda que sería a terceira parte do que custaría para esas plataformas, servindo como exemplo do que pode dar de si o móbil de Apple para os xogos e de que Nintendo e Sony deberían tomar nota para evitar verse ameazados por novos sistemas que poidan xuntar a diversión, a innovación e o bo prezo.
O xogo de golf permite elixir entre 7 campos de golf (Pebble Beach, St. Andrews, TPC Sawgrass, Doral, TPC Boston, The K Club, e Fancourt) e permite tanto empregar a un golfista coñecido (coma Tiger Woods, Annika Sorenstam ou Retief Goosen) ou definir ao noso propio xogador.