O xestor multimedia Plex chega á Xbox One
luns, 6 de outubro do 2014
Esta semana a Xbox One recibe unha aplicación moi agardada,
que vai incrementar o seu valor como ferramenta para a reprodución multimedia.
Trátase de Plex,
un xestor de contidos multimedia que chega por primeira vez a unha consola de
videoxogos (e que tamén prevese que chegue máis adiante a Xbox 360)
permitindo que os usuarios poidan gozar de pelÃculas, series de televisión e
outros vÃdeos da súa colección persoal en pantalla grande, con independencia de
onde estean almacenados os vÃdeos.
A aplicación de Plex recolle automaticamente imaxes de portada e metadatos para
facer que a biblioteca multimedia poida explorarse cun deseño moi atractivo, á
vez que permite organizar o material por categorÃas como o xénero ou o reparto,
ou incluso facilita saber se un contido se reproduciu antes, resultando moi
práctico á hora de seguir series de televisión.
Ao estarmos ante unha aplicación de Xbox One, a versión de Plex para a consola
de Microsoft tamén poderá controlarse mediante ordes de voz e xestos grazas a
Kinect.
