O sobresemento das actuacións contra Sharemula.com confirma que o P2P non é delito
venres, 19 de outubro do 2007
En outubro de 2006 a Brigada de
Investigación Tecnolóxica (BIT) detivo ós responsables de web sharemula.com
e solicitou ó Xulgado o peche cautelar a web que incluÃa ligazóns a ficheiros
compartidos a través dunha rede P2P, o que provocou grandes titulares na prensa
dando a entender que se desarticulara unha organización clandestina dedicada a
ofrecer descargas piratas de pelÃculas e se aseguraba que o intercambio en
redes P2P era constitutivo de delito (mentres que a Circular 1/2006 da FiscalÃa
Xeral do Estada indicaba todo o contrario), pero agora os xuÃces parecen dar a
razón ós acusados, e o Xulgado de
Instrución nº 4 de Madrid decidiu o sobresemento das actuacións contra sharemula.com.
Esta decisión xudicial súmase a outras causas semellantes (como as de ajoderse.com e todocaratulas.com) que reafirman o feito de que sempre que non haxa
ánimo de lucro o uso de redes P2P non constitúe delito algún, e as páxinas que
fomentan o seu uso tamén se libran porque non albergan nin difunden as obras
suxeitas a dereitos de reprodución, xa que só distribúen a información que
permite ós usuarios chegar ós contidos e non supondo unha comunicación pública
dos mesmos.
