O operador móbil de Tuenti pasa a chamarse Tu

martes, 21 de decembro do 2010 Marcus Fernández

O Operador Móbil Virtual (OMV) de Tuenti/Movistar vén de anunciar o seu nome comercial, que será tan sinxelo coma Tu, apostando por unha marca sinxela que busca aproveitar a forza do movemento social que acadou Tuenti cos seus 9 millóns de usuarios.
Tras o anuncio do nome do novo OMV de Movistar tamén aseguran que repartirán un maior número de invitacións para poder probar esta nova oferta de telefonía en modalidades de prepagamento coñecidas coma Planazo 7 días, Planazo 14 días e Planazo 30 días, que neste último caso inclúe 1.000 minutos con establecemento de chamada de balde, 1.000 mensaxes de texto, 200 Mbytes para navegar pola versión móbil de Tuenti (e as súas aplicacións) por 9 euros (o resto de ofertas teñen uns prezos directamente proporcionais).