O novo xogo de Batman súmase ao catálogo de Games for Windows

xoves, 5 de marzo do 2009 Marcus Fernández

O xogo Batman: Arkham Asylum dos estudos Rocksteady (Eidos) non só chegará para PlayStation 3 e Xbox 360, senón que tamén terá unha versión para PC que vén de confirmar a súa incorporación no catálogo de xogos de Games for Windows LIVE, de xeito que o título que chegará ás tendas no verán contará con características coma puntuacións compartidas en rede (pois ao ser para un xogador dubidamos que tire proveito das posibilidades de LIVE, plataforma centrada no xogo en rede, de grande éxito na Xbox 360).
Este verán Games for Windows tamén contará con outros xogos LIVE coma Stormrise, Battlestations: Pacific e Red Faction: Guerilla, pero o novo xogo de Batman parece que será a súa incorporación máis forte, que conta xa cun impresionante trailer:
<a href="http://video.msn.com/?mkt=en-US&amp;playlist=videoByUuids:uuids:53a16276-6028-4458-b364-e858494eaa21&amp;showPlaylist=true&amp;from=msnvideo" target="_new" title="Batman: Arkham Asylum">Video: Batman: Arkham Asylum</a>