O galego reduce á metade a súa presenza na Rede
luns, 19 de maio do 2014

- Gráfica na que se aprecia o descenso no uso do galego
O
pasado sábado celebrábase o DÃa das Letras Galegas, adicado desta
volta ao poeta Xosé Mª DÃaz Castro, o mesmo 17 de maio festexábase
tamén o DÃa Mundial de Internet. Aproveitando a coincidencia, dende
w3techs.com
analizouse a relación existente entre diferentes linguas e a Rede,
incluÃda a nosa. Dito doutro xeito: analizouse a permanencia do
galego en Internet. A casualidade fai que reparemos na existencia da
nosa lingua dentro e fóra das pantallas do computador. Neste caso
que nos ocupa, centrámonos na realidade que ocupa o galego como
idioma empregado na Rede, pois como se avanzaba dende CienciaGalega
o panorama non é nada positivo no último ano, a porcentaxe do uso
do galego viuse reducido á metade: do 0,015% do total de contidos
web no mundo a apenas un 0,0075%.
Os
datos actuais sitúan ao galego moi lonxe dos idiomas que superan o
0,1% dos contidos en liña e que marca a fronteira entre as linguas
consideradas relevantes na Rede e as minoritarias. Arestora a lingua
galega sitúase no posto 48 na clasificación mundial, con
porcentaxes semellantes ao saami setentrional (idioma que se fala en
rexións do norte de Noruega,
Finlandia
e Suecia)
e colócase inmediatamente despois do albanés e do mongol, segundo
os datos estimativos de w3techs.com, que analiza a diario arredor de
10 millóns de páxinas web de todo o mundo.
A
subliñar son os sitios web máis senlleiros nos que se emprega o
galego: Facebook.com,
Wikipedia.org, WordPress.com, Bing.com, Google.es, Wiktionary.org,
Wikibooks.org, Lavozdegalicia.es, Tuenti.com e Wikisource.org.
Na
banda oposta á situación que vive o galego atópase o inglés, a
lingua dominante en máis da metade dos sitios web, seguida xa moi de
lonxe polo alemán, o ruso e o xaponés. O español, malia que segue
medrando en Internet, ocupa o sexto posto cun 4,6%, e o portugués,
co 2,3%, é o oitavo idioma máis usado, segundo os recentes datos
achegados por w3techs.com.
De
compararmos a porcentaxe do uso do galego cos datos das outras
linguas cooficiais do Estado, obsérvase que a publicación en catalÃ
é 8,6 veces maior, mentres que respecto ao euskara, a presenza do
galego é 1,6 veces maior.
Mención
á parte merece a produción das enciclopedias
en liña libres, polÃglotas e editadas de xeito colaborativo -as
chamadas Wikipedias- o galego, que conta coa súa Galipedia,
sitúase no posto
47 na clasificación de artigos publicados por idioma,
con 112.887
textos
editados, é dicir, o 0,358%
do total de publicacións nas Wikipedias de todo o mundo. Na
produción de artigos na Wikipedia, o galego colócase despois do
noruegués (113.77 artigos) e por diante do inglés sinxelo
(112.587), idioma este último controlado e artificial baseado na
simplificación do vocabulario e gramática da lingua natural. A
publicación en galego mantense moi lonxe da produción en catalÃ
(427.980 artigos) e está tamén por debaixo do euskara (180.390).
En
canto á rede social Twitter, a compañÃa GNIP -de Colorado
(Estados Unidos)- vén de elaborar
un mapa interactivo con datos extraÃdos de Twitter para
xeorreferenciar chÃos publicados por usuarios de todo o mundo nas
distintas linguas empregadas nesta rede. De novo, o inglés é a
lingua dominante. No caso do galego,
obsérvase que o
seu uso entre os usuarios de Twitter é significativamente inferior
ao do castelán.
