O NOS Day volve xuntar emprendedores galegos tras un par de anos en suspenso
luns, 12 de setembro do 2022
O vindeiro 17 de setembro máis dun cento de persoas xuntarase
no Auditorio Abanca de Santiago de Compostela para escoitar a algúns dos
emprendedores máis recoñecidos do panorama galego e internacional nunha nova
edición do Northwest Startup Day (NOS Day).
O evento porá o foco no emprendemento, a tecnoloxÃa e como mudou todo coa
pandemia. A conceptualización dun produto, como buscar investidores ou o futuro
da investigación galega serán algúns dos puntos que se toquen durante este
encontro que se define a si mesmo como unha sobremesa.
O seu programa recolle intervencións de persoas como Pilar Vila (Forensic &
Security), Pepita MarÃn (We Are Knitters), Iker Marcaide (Fly Wire e Zubi
Group), Paulo RodrÃguez (Vanta), Desirée Teijeiro (Libera Bio), Carme PampÃn
(GalChimia), Santi DomÃnguez (Mestrelab) e Daniel Seijo (Diariomotor).
Como novidade, este ano ofrécese un servizo de lecer infantil a través de
obradoiros STEM para os asistentes que desexen conciliar a súa vida familiar co
NOS Day.
