O Metal Gears Solid para iPhone chegará en dúas entregas

luns, 23 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

Metal Gear Solid Touch será un simple xogo de tiros

Os seguidores das aventuras de Solid Snake xa non quedarán só coa súa última entrega para PlayStation 3, senón que tamén poderán gozar dunha revisión do Metal Gear Solid 4: Guns of the Patriots para o iPhone, que se chamará Metal Gears Solid Touch, e do que xa se poden ver algunhas imaxes e un trailer na súa nova páxina web oficial.
O novo xogo distribuirase en dúas partes (pagadas de vez), incluíndo a primeira 12 niveis diferentes e que sairá á venda na primavera, para contar máis adiante cunha ampliación con 8 niveis máis (que poderán descargarar de balde os que merasen a primeira entrega).
A mecánica do xogo semella a dunha galería de tiro, empregándose a pantalla táctil do iPhone para apuntar, facer zoom e disparar cos dedos, presentando tamén unhas limitacións gráficas evidentes, pois claramente non se pode comparar o nivel gráfico dun dispositivo móbil co dunha consola de videoxogos de alta definición.


Trailer de Metal Gear Solid Touch

Coa pantalla táctil poderase facer zoom para disparar a inimigos afastados

Solid Snake continuará a ser o protagonista deste título para o iPhone