O BUSSI visitará 10 concellos coruñeses
martes, 16 de outubro do 2007
O autobús da
Sociedade da Información (BUSSI) comeza
a súa andaina por 10 concellos de A Coruña nun percorrido no que pretenden
axudar a reducir a fenda dixital tan marcada en Galicia.
O Infobús visitará Aranga,
Oza dos RÃos, Abegondo, Carral, Cesuras, MesÃa, Vilasantar, Sobrado dos Monxes,
Melide e Toques, achegando medios técnicos (ordenadores) e humanos altamente cualificados
(una animador e un dinamizador TIC) que servirán para impartir unha Experiencia TIC ós cidadáns do medio
rural, que tras rematar nos concellos mencionados se trasladará a outros 40
concellos galegos.
Esta iniciativa pretende «sensibilizar á
poboación» no uso das TIC, asà como ensinar ós participantes a buscar
información na Rede, utilizar o correo electrónico, e facer xestións persoais,
en definitiva, tirar proveito da conectividade á Internet que se agarda que en
2009 estea presente en toda a xeografÃa galega.
