O 59,5% dos influencers españois emprega métodos artificiais de crecemento en Instagram
luns, 19 de agosto do 2019
Un
informe elaborado por HypeAuditor titulado The State of Influencer Marketing
2019 pretende explorar a fraude entre os influencers en Instagram,
analizando máis de 4 millóns de contas de influencers e máis de 500
millóns de publicacións en Instagram de todo o mundo.
O estudo desvela que o 59,5% dos influencers en España emprega métodos
artificiais de crecemento en Instagram, como a compra de seareiros, a utilización
de ferramentas de seguimento automático de usuarios (na busca de reacción
recÃproca), a compra de comentarios e gústames ou incluso a integración en
grupos de usuarios que interactúan entre si para favorecerse mutuamente.

- A compra de comentarios é unha práctica doada de detectar. Chega con mirar máis aló dos números.
España serÃa o cuarto paÃs en trampas para esaxerar a presenza en
Instagram (despois de Alemaña, Xapón e Francia), e incluso detallan que o
20,99% dos influencers en España mercan seareiros, o 38,18% merca
comentarios (táctica que pode detectarse rapidamente dada a pouca credibilidade
de moitas das interaccións), o 14,25% empregarÃa a táctica de seguir a outros
usuarios buscando reciprocidade (deixando de seguir aos usuarios que non
devolven responden positivamente), o 10,65% formarÃa parte de grupos
organizados para mellorar o seu número de interaccións e o 2,53% compran
gústames.
Con estes datos na man deberiamos reflexionar na honestidade de moitos influencers
que explotan comercialmente un alcance ficticio, polo que as marcas deberÃan
ter moito tino sobre os patrocinios que contratan, á vez que os usuarios das
plataformas sociais deberÃan ser conscientes que os niveis de interacción
visibles non sempre se corresponden á realidade, polo que contas de usuarios
que semellan moi modestas poden ser realmente moito máis influentes do
que semellan a simple vista.
