Novos detalles sobre Bioshock 2
luns, 16 de marzo do 2009

- No novo xogo controlaremos a un Big Daddy
A semana pasada adiantouse
a portada da revista Game Informer na que podiamos ver unha imaxe
que corresponderÃa ao xogo Bioshock2: Sea
of Dreams, e que amosarÃa a aparencia dunha Big Sister, polo que daba
pistas do futuro xogo, que agora veñen
de aclararse grazas á chegada aos quioscos da mencionada revista.
Coñécese agora que os rumores que apuntaban a que Bioshock 2 serÃa unha precuela do primeiro xogo (dado que a
historia orixinal tiña un final pechado) non estaban xustificados, pero o xiro
argumental será moi interesante, pois en vez de manexar a un humano, o
novo xogo meteranos na pel dun Big Daddy renegado,
a historia situarase 10 anos despois do primeiro xogo, a Big Sister é unha das
Little Sisters sobreviventes da primeira entrega (que liderará Raptura e será a
inimiga a bater), partirase sen Little Sister propia (tendo que loitar contra
outros Big Daddies para facerse cunha) e incluso contará cun modo multixogador.
Sen dúbida, moitas novidades que dan a entender que esta nova entrega poderÃa
estar á altura dun xogo que xa fixo historia en Xbox 360, PC e PlayStation 3.
