Artigos desta sección
Políticos chineses súmanse á blogosfera
A censura chinesa na Internet é un motivo de polémica moi frecuente, polo que resulta rechamante que varios membros do Partido Comunista de Suqian (ó leste de China) estrearon blog como xeito de “achegar as discusión e as observacións de todos, admitir o control do público e manter unha canle de comunicación eficaz e libre entre os dirixentes e as masas” (...)
Ler máisVodafone ofrece a clientes particulares o servizo de Pulsa y Habla
Os clientes particulares de Vodafone en España xa poderán empregar o servizo Pulsa y Habla que permite empregar o móbil coma se fose un walkie talkie, de xeito que se pode enviar unha mensaxe de voz a un ou varios usuarios simultaneamente.Este servizo está dispoñible para empresas dende primeiros de ano, e permite contactar cun grupo de persoas con só premer (...)
Ler máisA Microsoft University Tour fai escala esta semana na Coruña e Vigo
Microsoft University Tour, a xira anual da firma tecnolóxica polas universidades do estado está a piques de chegar a Galiza. Máis concretamente á Facultade de Informática da Universidade da Coruña, onde unha representación da empresa fundada por Bill Gates parará este mércores 29 de novembro para achegar á comunidade estudantil unhas sesións técnicas sobre (...)
Ler máisO 42% dos traballadores afirman que a xornada laboral nas oficinas desaparecerá en dez anos
Vivimos os últimos días do vello concepto de traballo en oficina a xornada completa ou partida agora que contamos con maiores e mellores servizos de mobilidade? Calquera diría que non, se temos en conta que podemos contar cos dedos dunha man as persoas do noso arredor que acoden hoxe en día a unha entrevista de traballo e esixen poder traballar dende a (...)
Ler máisO legado de The Beatles podería estar en breve descargable para os iPod
A música de The Beatles é probablemente a menos accesible do mercado musical, tanto polo seu prezo (os CDs naceron con aires de grandeza e prezos prohibitivos para os en teoría principais destinatarios da súa música: o pobo) como polos atrancos que poñen os propietarios das licenzas dos temas (incluído Michael Jackson, que tamén saca tallada) á hora de (...)
Ler máisEste Nadal será un dos máis ameazados pola chegada masiva de spam
Aparte de agasallos, turrón, excesos, festa, polvoróns, panxoliñas e tódolos termos inimaxinables relacionados co Nadal, este ano (máis que nunca) haberá que engadir tamén spam e comercio electrónico á listaxe de palabras máis usadas pois, non en van, estas datas son as de máis compras a través da Rede e, en xeral, cando máis se merca de xeito compulsivo e sen (...)
Ler máisA galega Arume, recoñecida polo seu labor a prol da accesibilidade nos Premios TAW
A empresa galega Arume Desenvolvementos Informáticos está entre os premiados na segunda convocatoria dos Premios TAW (Test de Accesibilidade Web), galardóns nos que concorreron 144 participantes de toda España e que recoñecen o traballo feito por institucións e entidades privadas a prol de diminuír ou -a poder ser- eliminar os atrancos que teñen no camiño as (...)
Ler máisOs cambios que Internet provoca na cultura, a debate este martes 28 no Consello da Cultura Galega
Co obxecto de analizar a repercusión e os cambios que Internet e as novas tecnoloxías dixitais están a provocar no mundo da cultura, o Consello da Cultura Galega xunto co Club Internacional de Prensa de Galicia organizan: Cara a unha Cultura 2.0. Xornada sobre novas tecnoloxías e creación cultural.O acto, que se desenvolve o martes 28 de novembro en Santiago (...)
Ler máisA galega Coremain figura por sexto ano consecutivo entre as empresas europeas de meirande crecemento
Carlos Martí, socio fundador da empresa galega, recibindo o diploma en Viena A empresa galega Coremain, unha das máis punteiras do mercado tecnolóxico actual, vén de recibir un importante recoñecemento ó seu labor (principalmente centrado na achega de servizos no eido das novas canles de comunicación) ó ser incluída por sexto ano consecutivo entre as 30 (...)
Ler máisA ONU convoca a 120 países para buscar respostas ó problema crecente dos residuos tecnolóxicos
O móbil de hoxe, que tantas satisfaccións e desgustos nos trae na vida cotiá, é lixo do mañá, e non un tipo de lixo calquera, senón que constitúe material contaminante de alto risco. E nós preguntámonos: que vai pasar con todos eses teléfonos que tan rápido se renovan, que tan cedo caducan, cando finalmente os fabricantes e as operadoras nos convenzan a todos (...)
Ler máis0 | ... | 48560 | 48570 | 48580 | 48590 | 48600 | 48610 | 48620 | 48630 | 48640 | ... | 48930
