Nova aplicación para converter o PC nun centro multimedia
venres, 26 de decembro do 2008
En febreiro de
2004 Erwin Beckers deixou o proxecto X-Box Media Center para empezar o seu
propio proxecto, MediaPortal,
co que pretendÃa crear unha plataforma de software para converter un ordenador
baseado en Windows en todo un MediaCenter, que vén
de estrear a súa versión 1.0, polo que esta aplicación xa se
considera completa, e permite tanto facilitar a reprodución multimedia coma facer
doada a gravación de programas se contamos cunha sintonizadora de televisión no
PC.
MediaPortal pode utilizarse para ver pelÃculas, series de televisión,
fotografÃas, ver o estado do tempo ou a ver/gravar a televisión, funcionando en
Windows XP e Vista sempre que se conte co framework .NET instalado, sendo un
desenvolvemento aberto e de balde, do que xa se está a traballar nunha versión
mellorada, o MediaPortal II, que será máis modular e con funciones avanzadas
(reprodución a través de rede local ou en móbiles) que xa
conta cunha versión previa.

- MediaPortal nos permite ver as series de televisión que teñamos almacenadas no noso equipo

- Os contidos audiovisuais teñen a súa correspondente ficha
