NordVPN xustifica ignorar os bloqueos de LaLiga
venres, 22 de maio do 2026
No mes de febreiro a Sección do Mercantil do Tribunal de Instancia de Córdoba sorprendÃa cun bloqueo temporal dos servizos Proton e NordVPN durante a emisión de partidos de fútbol atendendo a unha denuncia presentada por LaLiga e Telefónica, converténdose na primeira acción xudicial dinámica en Europa dirixida contra a difusión ilegal de contidos a través de servizos de VPN.
Pero dende NordVPN defendéronse desta medida que defendÃa uns bloqueos que consideraban indiscriminados, conseguindo que o xulgado desestime a solicitude de LaLiga para impor multas coercitivas á compañÃa de ciberseguridade por incumprir as medidas cautelares que lle impuxeran.
Isto foi asà porque NordVPN foi quen de demostrar ante o xuÃz que o sistema de bloqueos que promove LaLiga non é axeitado, deixando constancia que os enderezos IP dende os que se realizan as emisións deportivas ilegais están a mudar constantemente (polo que cando se aplica un bloqueo a listaxe de enderezos IP subministrados xa está obsoleta e non coincide coa realidade) e tamén demostrou que os bloqueos baseados en enderezos IP provoca grandes danos colaterais, deixando inaccesibles milleiros de páxinas web e servizos que son completamente legais (xa que os enderezos IP compártense en moitas ocasións).
Estamos ante unha decisión xudicial importante, xa que recoñécese que os bloqueos impulsados por LaLiga non se axustan ás ordes xudiciais que os amparan, e supoñen unha agresión a infraestruturas da Internet que actualmente se consideran fundamentais.
AÃnda quedan moitos episodios deste conflito por mor dos bloqueos de LaLiga, que probablemente remate cunha reforma lexislativa que non deixe dúbidas sobre a necesidade de que calquera bloqueo na Rede se realice atendendo á proporcionalidade das actuacións e procurando non prexudicar actividades completamente legais.
