Modifican Donkey Kong para que sexa Pauline quen teña que salvar a Mario

luns, 11 de marzo do 2013 Marcus Fernández

O desenvolvedor de videoxogos Mike Mika, ao ver a decepción na cara da súa filla de 3 anos ao non poder controlar o personaxe feminino do clásico xogo Donkey Kong¸ púxose mans á obra, e collendo a ROM do xogo para a consola Nintendo conseguiu mudar os gráficos para facer que fose Pauline quen tivese que rescatar a Mario das garras dun gorila xigante. Para ese traballo Mika tivo que adaptar tanto gráficos como paleta de cores, ata conseguir un obxectivo digno de admiración.
Non é a primeira vez que fai algo semellante, pois o ano pasado tamén modificou o xogo The Legend of Zelda: The Wind Waker transformando a Link nunha rapaza e editando a editou a man os diálogos do xogo para mudar as referencias sexuais.
En ambos casos o resultado pode descargarse a través da Internet e gozarse en emuladores, aínda que para facernos unha idea da última creación de Mike Mika podemos ver o seguinte vídeo coa Pauline Edition de Donkey Kong: