Microsoft presenta esta semana a súa nova solución de IPTV

luns, 18 de xuño do 2007 Marcus Fernández

Esta semana durante a feira NXTcomm de Chicago, Microsoft presentará a última actualización da súa plataforma de televisión por IP agora coñecida coma Microsoft Mediaroom que incorpora novas prestacións como a compartición doméstica de música e fotosgrafías, un sistema dinámico de multivistas (que permite varias imaxes de vídeo en pantalla), un contorno de desenvolvemento para aplicacións e servizos avanzados e mesmo soporte de TDT.
Mediaroom é unha solución pensada para provedores de contidos, que poden adaptar o sistema coa súa marca. Ademais, a nova IPTV de Microsoft mellora as prestacións de gravación de vídeo dixital, o vídeo baixo demanda, o soporte de alta definición e o cambio de canle.