Lithium Technologies poderÃa mercar Klout por 100 millóns de dólares
mércores, 12 de febreiro do 2014
Para medir a relevancia persoal e profesional na Rede nos
últimos tempos conseguiu destacar o cuantificador Klout,
que colle información de Twitter, Facebook, Foursquare, Instagram, Google+ e
LinkedIn para convertela nunha puntuación numérica entre 1 e 100, directamente
proporcional co tamaño da rede social tecida e que incluso serve para recibir
recompensas (produtos de mostra, invitacións a eventos, descontos...) en
función da nosa influencia, especialmente nos EE.UU., e parece que a propia
compañÃa detrás deste medidor de popularidade tamén resulta relevante, pois
coméntase que está
a piques de pecharse a súa compra por parte de Lithium Technologies por un
mÃnimo de 100 millóns de dólares.
O negocio de Klout está enfocado na análise da influencia en redes sociais,
para o que teñen que facer axustes constantemente no seu algoritmo para manter
a súa plataforma o máis rigorosa posible, aÃnda que no seu modelo de negocio
tamén entran as promocións das recompensas (que buscan que os beneficiarios
publiquen nas súas redes sociais sobre os produtos e marcas promocionados) e
incluso o licenciar os seus datos a outras compañÃas.
