Koro Castellano encargarase do lanzamento de Kindle en España

venres, 16 de setembro do 2011 Marcus Fernández

Koro Castellano, quen ata o momento era a directora xeral de BuyVIP, compañía adquirida por Amazon hai preto dun ano, incorporarase ao equipo de Kindle en Europa segundo confirmou Amazon, de xeito que esta profesional que xa ocupara postos de dirección en Tuenti e na división de Internet de Unidade Editorial, pasará agora a encargarse do lanzamento e desenvolvemento da plataforma de libros electrónicos de Amazon en España.
Esta semana Amazon estreou tenda virtual en España, e co anuncio do cambio de responsabilidades de Castellano parece confirmarse que a chegada de Kindle a España será inminente, como teñen apuntado distintas fontes que aseguran que será unha realidade no nos territorio antes de rematar o ano.