KickassTorrents entra na Dark Web para evitar os bloqueos

mércores, 8 de xuño do 2016 Marcus Fernández

Os buscadores para redes P2P levan anos loitando contra as medidas de bloqueo que van xurdindo en distintos territorios, para o que mudan o seu nome de dominio, ocultan a localización real dos seus servidores ou empregan solucións descentralizadas, e o buscador de ficheiros de BitTorrent que actualmente é líder a nivel mundial, KickassTorrents, tras adoptar moitas das medias de protección no pasado, aposta agora por estrear un enderezo oficial na Dark Web, de xeito que a través do navegador web Tor pode accederse aos seus contidos dende todo o mundo, con independencia da existencia de bloqueos por parte dos provedores de acceso á Rede.
O enderezo de KickassTorrents na rede Tor sería http://lsuzvpko6w6hzpnn.onion/, e aínda que KickassTorrents xa conte con numerosos servidores proxy para facilitar evitar os bloqueos na web normal, o feito de que agora tamén estea accesible a través da web escura é toda unha garantía para os usuarios habituais deste tipo de buscador de ficheiros intercambiados a través de P2P.

Coa presenza na Dark Web a web de KickassTorrents evita os bloqueos que os provedores de acceso exercen nalgúns países