IFTTT incorpora receitas de Office 365
mércores, 22 de xullo do 2015
A
automatización de tarefas na Rede é cada vez máis popular, grazas en boa medida
a servizos como IFTTT, plataforma que permite definir receitas nas que os usuarios poden programar accións que se
desenvolven de darse unhas condicións predefinidas, e para facilitar que no
contorno corporativo tamén poida facerse un bo uso desta ferramenta estrean
unha canle de receitas para Microsoft Office 365, que permite automatizar
accións para a versión corporativa de OneDrive, Correo, Calendario e Contactos.
Entre as receitas dispoñibles
para Office 365 podemos atopar funcións como o gardado automático de
fotografÃas publicadas en servizos como Facebook ou Instagram nun cartafol en
OneDrive, a programación de eventos no calendario, o envÃo dunha notificación
cando se reciba un e-mail de alta prioridade, a inclusión no noso calendario
dun recordatorio para lembrarnos levar paraugas se a predición meteorolóxica
estima que vai chover almacenar os documentos adxuntos que recibamos por Gmail
directamente en OneDrive ou gardar os nosos chÃos favoritos en OneNote. Toda
unha chea de funcións que considerarán moi prácticas moitos usuarios.
