Google Maps permitirá seguir os resultados das eleccións do 9-M
venres, 7 de marzo do 2008

- Os mapas de Google permitirán achegar detalles por comunidade autónoma e municipio de máis de 50.000 habitantes
Pensando nos comicios electorais do vindeiro domingo, Google preparou un mapplet
(mini-aplicación para Google Maps) que permitirá seguir os resultados das
eleccións por comunidades autónomas e por concellos (de máis de 50.000
habitantes) a
partir dos datos subsministrados polo Ministerio do Interior, que se actualizarán
cada 10 ou 15 minutos.
A responsable de Marketing de Google Maps en España, Clara Rivera, asegura que «esta é un xeito rápido e
sinxelo de coñecer, dun so vistazo, tódolos datos dende o teu ordenador e que permitirá
indentificar, mediante cores, a maiorÃa dos partidos polÃticos nas distintas
comunidades autónomas».
Para consultar os datos hai que visitar Google
Maps e pinchar sobre a pestana de Mis Mapas, onde aparece
a aplicación coñecida coma Mapa Electoral detro da sección de Contido
destacado.
Esta ferramenta tamén permite a consulta dos resultados de tódalas eleccións ó
Congreso dende 1977.
