Google Apps estrea tenda de aplicacións

xoves, 11 de marzo do 2010 Marcus Fernández

Os usuarios de Google Apps poden potenciar agora os servizos que Google ofrece a empresas e asociacións unha nova tenda de aplicacións que poden integrar sen problema nos seus servizos actuais baseados na web e incluso abren a posibilidade a calquera desenvolvedor para que faga aplicacións que poidan integrarse neste Google Apps Marketplace (recibindo estes o 80% dos ingresos).
Actualmente no Google Apps Marketplace atopamos un bo catálogo que amplían o potencial de Gmail, Google Docs, Google Calendar e outros, no que dá a impresión que é unha especie de Google Labs de pagamento, no que xa hai máis de 50 empresas vendendo software.
Entre as aplicacións dispoñibles está Manymoon, unha ferramenta de xestión de proxectos; PS Connect, que recolle información relevante do dominio dun usuario e o resume nunha mensaxe de Gmail para axudar na toma de decisións en tempo real; OffiSync, un sincronizador de Microsoft Office con Google Apps; importadores de datos de Exchange aos servizos de Google; e moitas outras funcionalidades que en moitos casos poden empregarse de balde.


Vídeo de presentación de Google Apps Marketplace