Gmail ábrese aos correos electrónicos dinámicos

mércores, 27 de marzo do 2019 Marcus Fernández

Hai un ano Google anunciou que estaban a levar una versión das Accelerated Mobile Pages (AMP) ao correo electrónico, abrindo esta tecnoloxía de xeito preliminar para que os desenvolvedores puidesen comezar a crear experiencias nas mensaxes de correo electrónico que permitisen a interacción, e finalmente abren publicamente tal prestación en Gmail, de xeito que algunhas mensaxes permitirán directamente responder cuestionarios, navegar por catálogos ou responder a comentarios en foros.
Entre as compañías que comezan a tirar proveito dos correos electrónicos dinámicos están Booking.com, Despegar, Doodle ou Pinterest, esperándose que nos vindeiros meses fagan o mesmo moitas máis.
Neste momento a nova prestación está a chegar á versión web de Gmail e espérase que chegue pronto á versión móbil, pero Google non será a única compañía en integrar esta tecnoloxía, e dende Outlook.com confían en probar esta tecnoloxía no verán, abríndoa así a moitos máis usuarios.