Game pechará 43 tendas no Reino Unido

luns, 1 de marzo do 2010 Marcus Fernández

En xaneiro comentamos que na cadea de tendas británica Game rexistraron unha caída das vendas na campaña de Nadal, o que finalmente terá unhas repercusións serias para a compañía, que decidiu o peche de 43 tendas e o recorte de 247 empregos no Reino Unido, operación que procurarán acelerar o máximo posible para adecuarse á realidade económica, e que, pese a ser unha operación restrinxida ao espazo británico, parece moi probable que esta política trasládese a outros países nos que ten presenza esa cadea de establecementos de venda de videoxogos (coma España).