Artigos desta sección
Home cinema con bar incluído (por se nos aburrimos)
A xulgar polo froito dos esforzos tecnolóxicos da casa Cal Spas, todo é susceptible de levar hoxe en día un home cinema. A bañeira de hidromasaxe (como sen non houbese cousas máis interesantes que facer que pórse a ver unha película), a piscina, a escaleira de man para traballar no tellado da casa ou mesmo o moble-bar doméstico co que levan soñando os (...)
Ler máisAparello para facer copias de seguridade do disco duro con so premer nun botón
Hai unha cousa que probablemente haxa que ter en conta cada día cando traballamos cun computador e este se converte na nosa principal ferramenta: o disco duro achega en moitos casos aquela parte do cerebro que nos falta ós que estamos ó seu carón. Tendo en conta isto, calquera cousa que poidamos facer para coidalo e para que se sinta cómodo e, sobre todo, (...)
Ler máisSistema limpateclados para Mac
Tralo noso inesquecible traslado cara á outra punta de Compostela, en Código Cero (seguramente ó igual que noutras oficinas e redaccións ateigadas de equipos informáticos) precisamos dunha limpeza a fondo de tódolos gadgets acumulados e enleados entre fíos que sufriron con afouteza tódolos “tequemanexes” que lles tivemos que facer para carrexalos. Aínda non (...)
Ler máisChips en po de Hitachi con tecnoloxía RFID
Mentres andabamos a ollar para películas como Días estraños ou Doce monos, tentando albiscar futuros de tecnoloxía en maior ou menos medida sorprendente, a vida cóllenos unha vez máis por sorpresa para lembrarnos unha vez máis que a realidade non ten nada que envexar á ficción. É dicir: o futuro está aquí, petando nas portas da nosa casa, ou do noso galpón. Polo (...)
Ler máisA feira 3GSM acolle a presentación do Readius, o gadget con pantalla flexible
Denantes de calquera outra cousa, cómpre aclarar este punto: non estamos na feira 3GSM e todo o que podemos escribir sobre esta xuntanza de adoración rendida ó móbil vén a través do filtro doutros ollos e outras orellas. Algunhas das cousas que vemos non nos chaman a atención (se as víramos na propia feira de Barcelona, botaríamos un gran bocexo), pero outras (...)
Ler máisBarra desprazadora para axustar o monitor á vista
Se ben é certo que os internautas (sobre todo os máis adictos á rede) pasamos gran cantidade de horas frente ó computador, ben sexa na oficina, na casa ou nalgún cibercafé, tamén é certo que os médicos e especialistas advirten dos males que poden carrexar para a nosa saúde este tipo de prácticas en exceso. Por norma xeral recomendan ter o monitor á altura (...)
Ler máisJu Xing H800, un móbil con moita “sona”
Que se lle pode pedir a un teléfono móbil para que sexa a última novidade do mercado actual? Con cámara de fotos xa os hai, con reprodutor de MP3 tamén, con cámara de vídeo de gran calidade tamén se atopan con facilidade, con recoñecemento de voz, acceso a Internet, calculadora, espertador, axenda, convertedor de moeda e todas aquelas funcións inútiles que nunca (...)
Ler máisCociña en miniatura para abraiar ás amizades
Non é o que parece: non se trata de fomentar que adultos feitos e dereitos volvan á nenez e se comporten como verdadeiros pailáns á hora de recibir ás visitas no fogar, convidándoas a comer bolachas de mentira e café con leite inexistente. Non: non é unha cociña de pega, é simplemente unha cociña pequena e -como non podía ser doutro xeito nestes tempos de levalo (...)
Ler máisMúsica para quitármonos un peso de enriba
Non temos nin a máis remota idea de onde os xaponeses obteñen tanta capacidade de enxeño e de inventiva; tampouco onde agochan a súa fonte de inspiración (máis cotizada hoxe en día cá mesmísima fonte da eterna xuventude), pero o caso é que o inventor deste cagadeiro, un empregado da compañía Toto (coñecida por facer “inodoros tecnolóxicos”), debe pasar tempo abondo (...)
Ler máisSun Visor Theater: DVD para o parasol do coche
Os aparellos reprodutores de DVD para o coche non son perigosos de por si. En realidade, son coma os mesmos coches: perigosos ou non dependendo do uso que se lles dea e o lugar no que se coloquen. O Sun Visor Theater é neste senso tan inofensivo coma bater cun martelo nunha granada de man. Poderíamos cualificado tamén de “caso aparte”, posto que vén (...)
Ler máis0 | ... | 6940 | 6950 | 6960 | 6970 | 6980 | 6990 | 7000 | 7010 | 7020 | ... | 7050
