Fortnite volve á App Store
mércores, 20 de maio do 2026
A loita xudicial entre Epic Games e Apple rematou hai meses, pero a normalidade tardou en restaurarse, e tras o regreso de Fortnite a Google Play en marzo, agora confirman o regreso en case todo o mundo de Fortnite á App Store. Deste xeito non será preciso instalar a tenda de aplicacións alternativa de Epic para instalar Fortnite nun iPhone ou iPad, e poderá realizarse a instalación como con calquera outro videoxogo.
Esta solución resulta moito máis cómoda para os usuarios, xa que a instalación de tendas de aplicacións alternativas para usuarios dentro da Unión Europea resultou ser un proceso demasiado complexo e escuro, facendo que se convertese nunha práctica residual e deixando as intencións da Comisión Europea para incrementar a competencia en iOS nunha proposta tan fútil como frustrante.
Dende Epic Games seguen a esixir que os lexisladores fagan cumprir as súas leis de verdade, con medidas que impidan os abusos de Apple e Google á hora de establecer comisións e condicións que para os desenvolvedores de aplicacións resultan inxustas e claramente desproporcionadas.

- Fortnite está a celebrar estes dÃas un crossover con Overwatch
