Facebook estréase no NASDAQ
venres, 18 de maio do 2012
Facebook anunciou onte que Ãan colocar
no mercado bolsista 421.233.615 accións da súa empresa a un valor de saÃda de
38 dólares (29,85 euros), agardando pechar esta oferta pública o vindeiro martes,
e hoxe escenificouse esta estrea co creador de Facebook, Mark Zuckerberg,
tocando a campá de apertura do NASDAQ dende a sede da súa compañÃa en Menlo
Park (en vez de trasladarse ao edificio da Bolsa en New York). Deste xeito
comezou a oferta pública de venda (OPV) de Facebook, colocando no mercado
16.000 millóns de dólares en participacións da empresa que estarÃa valorada en
104.000 millóns de dólares, no que serÃa a terceira OPV máis importante dos
EE.UU.
A oferta inicial de Facebook parece estar a funcionar bastante ben, e no
momento de escribir estas liñas a cotización
das accións de Facebook superan un 8,34% o seu prezo de saÃda (nalgún
momento incluso superaron un incremento do 10% do prezo), dando a entender
que o mercado confÃa na boa saúde da plataforma que actualmente ten máis de 900
millóns de usuarios (dos que máis de 17,5 estarÃa en España).
Estamos un momento histórico que certifica a traxectoria meteórica de Facebook,
compañÃa creada en 2004, e que actualmente ten uns 3.539 traballadores, polo
que a súa impresionante valoración bolsista resulta difÃcil de crer, e agora
deberá demostrar se a confianza depositada sobre a mesma está xustificada.
ACTUALIZACIÓN: Finalmente Facebook rematou a xornada cunha subida das súas accións de só un 0,61%, o que poderÃa indicar que a súa valoración inicial era bastante atinada (pese a que a meirande parte dos expertos aseguran que a compañÃa está sobrevalorada).
