En Boiro, a plataforma Liña Verde permite solucionar de forma áxil mais do 75% das incidencias

venres, 17 de abril do 2026 S. P.

O Concello de Boiro foi quen de mellorar a resposta á solución de incidencias mediante a súa plataforma de xestión Liña Verde. A posta en marcha deste servizo centralizado de atención ás incidencias permite dar solución de xeito inmediato a máis do 75% das incidencias rexistradas, segundo confirmaron fontes municipais.
O Concello engadiu que as incidencias comunicadas correspóndense maioritariamente a alumeado público (30%), seguido de medio urbano (15%), auga e saneamento (13%), limpeza viaria e recollida de lixo (11%) ou medio rural (10%). Dende a implantación do sistema deuse solución a 9.161 incidencias.
Para poder empregar este servizo é necesario descargar a aplicación móbil gratuíta Línea Verde e seleccionar o municipio sobre o que se quere comunicar a incidencia, neste caso o Concello de Boiro. Para comunicar unha incidencia chega con pinchar sobre o botón Nova Incidencia e categorizala segundo o tipo de incidencia que sexa, subir unha foto da mesma e poñer unha descrición do problema.
Gracias á implicación da veciñanza no emprego desta ferramenta pódese coñecer con facilidade as incidencias que se detectan e dar unha resposta máis áxil e rápida.