empresas
Balidea, recoñecida como provedora do sector público danés
A empresa galega Balidea, unha das novas firmas tecnolóxicas con maior presenza internacional, vén de dar un novo paso no seu proceso de afianzamento no mundo, xa de por si consolidado. Este novo paso ten como escenario Dinamarca, que vén de converter a empresa tecnolóxica con sede principal en Santiago en provedora homologada de solucións e proxectos TIC (...)
Ler máisAppentra pecha unha rolda de financiamento de 400.000 euros
A empresa tecnolóxica galega Appentra, nacida da Universidade da Coruña en 2012, pechou unha rolda de financiamento de 400.000 euros, liderada por tres organizacións españolas de capital de risco, Caixa Capital Risc, Unirisco e Xesgalicia. Os novos fondos utilizaranse para acelerar a comercialización das ferramentas de Parallware, para escalar o equipo e (...)
Ler máisSeresco celebrou o 50 aniversario da súa frutífera relación con Galicia
Seresco, compañía española especializada en solucións tecnolóxicas e transformación dixital, conmemora estes días o 50 aniversario da súa actividade no mercado galego. A empresa celebrou esta efeméride este venres 15 de setembro en Vigo na compaña de AMTEGA, o Círculo de Empresarios de Galicia, a Universidade de Vigo, o centro atlantTIC ou Gradiant, entre outras (...)
Ler máisDinahosting optimiza a xestión de datos dos seus servizos con NetApp
A empresa Dinahosting, referente galego e estatal en aloxamento web e dominios, vén de poñer a punto a xestión de datos dos seus servizos con NetApp, a multinacional do almacenamento informático e o manexo de información. A optimización responde un reto concreto: o desafío de contar cos mellores recursos para encarar unha maré de coñecemento que “sube” a tempo (...)
Ler máisBBVA Momentum elixe á galega Activiza para impulsar o seu chimpo TIC
Hai presenza galega na edición 2017 (a sexta) de BBVA Momentum, unha iniciativa da entidade financeira para impulsar o emprendemento e a innovación social. Nela están a participar arestora un total de 86 emprendedores de cinco países (elixidos de entre máis de 700 candidaturas procedentes de España, México, Estados Unidos, Colombia e Turquía). Delas, unha (...)
Ler máisABANCA fortalecerá o proceso de medre da tecnolóxica galega TokApp
Entre as nosas empresas TIC de meirande potencial de medre atópase TokApp, responsábel da ferramenta global do mesmo nome para facilitar e mellorar a comunicación empresarial, e tamén de TokApp School, aplicación destinada a evitar calquera tipo de incidencia comunicativa no ámbito escolar. Así o entende (así entende este potencial de TokApp) a entidade (...)
Ler máisAltia e Liferay anuncian unha alianza estratéxica para transformar as experiencias dixitais en España
Altia, compañía tecnolóxica galega con máis de 30 anos de experiencia acompañando ás organizacións nos seus procesos de transformación tecnolóxica, e Liferay, Inc., provedor líder de Plataformas de Experiencia Dixital (DXP), anunciaron unha alianza estratéxica deseñada para dotar ás organizacións en España das ferramentas necesarias para crear, xestionar e escalar (...)
Ler máisCOFER e a Asociación de Empresas TIC de Ferrolterra achegan as PEME ás posibilidades dos dispositivos móbiles
A Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal (COFER), en colaboración coa Asociación local de Empresas TIC, veñen de impulsar un programa formativo para optimizar e fortalecer as competencias tecnolóxicas das firmas de Ferrol e contorna. Trátase, máis en detalle, de dous cursos dirixidos a ampliar os coñecementos e habilidades das empresas (...)
Ler máisVitae indica que a xestión do dato e as solucións cloud foron este 2025 as grandes prioridades formativas
Ás portas de pechar a tempada de formación correspondente ao primeiro semestre de 2025, Vitae Consultores, firma galega centrada en contribuír á capacitación avanzada dos profesionais das nosas empresas TI, fixo un balance do panorama actual da formación e a selección de profesionais das novas Tecnoloxías da Información en (...)
Ler máisVitae convértenos este mes de novembro en especialistas en React Avanzado
A formación avanzada prosegue este outono a través das canles máis innovadoras. Na vangarda desta actividade atópanse consultoras e centros de formación como a firma galega Vitae, que puxo a punto a súa aula virtual para salvar os atrancos de comunicación e presencialidade da pandemia. E xa que falamos de formación que pon aos nosos profesionais na punta de (...)
Ler máis0 | ... | 50 | 60 | 70 | 80 | 90 | 100 | 110 | 120 | 130 | ... | 880
