Menu
PRINCIPAL
  • Recursos de buscaEscolma de buscadores
  • EMPRESASNovas sobre empresas TIC
      • Nexos 25 impulsa dous proxectos para responder á demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo e intelixencia (...)

        O programa Nexos 25 atende a crecente demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo, intelixencia (...)

        Vitae organiza en xuño unha nova xornada gratuíta sobre as utilidades da IA Xenerativa no software

      • Vitae achega en verán a 5ª edición do seu curso sobre IA Xenerativa para a selección de perfís (...)

        En xuño volve o curso de Vitae centrado na programación de aplicacións profesionais con IA

        Vitae mostra aos propietarios de produto como usar a IA para aumentar en axilidade

  • SubscríbeteAs nosas novas por e-mail
    • Subscríbete ao noso boletín

      En móbiles e tabletas

      Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.

      Redes sociais

             

  • Codigo.gal 
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Edición Impresa
  • Top 100 (webs galegas)
  • Top 50 (webs en galego)

empresas

Vitae brinda en marzo unha actividade formativa para dominar a linguaxe DAX

Sen dúbida hai recursos de utilidade ao noso dispor para tirar o máximo proveito dos datos, pero entre os máis destacados figura por dereito propio a linguaxe DAX (Data Analysis Expressions), que, entre outras cousas, permite ir máis alá dunha simple xestión para meternos de cheo no eido da análise intelixente da información, con todo o que iso implica (por (...)

Ler máis

R mellora as tarifas para o fogar e achega segundas liñas móbiles a 3 euros

A operadora de orixe galega R vén de anunciar a renovación da súa oferta para o fogar. Fíxoo con mellores tarifas e lanzando segundas liñas móbiles a tres euros. “Queremos reforzar a nosa posición cunha nova oferta converxente integrada por paquetes sinxelos que lles achegan un grande aforro ás familias, incorporando novas e exclusivas vantaxes para novos (...)

Ler máis

El Corte Inglés dá un novo paso para converterse en xigante do ecommerce

El Corte Inglés quere tirar o máximo proveito do comercio dixital e da súa proposta omnicanle, asentando o futuro para converterse en establecemento sen límites nin cancelas e plantándolle cara a xigantes do eido como Amazon (o competidor máis potente de ambas firmas). Por esta razón, vén de asinar un acordo de colaboración coa firma de raizame chinesa Alibaba, (...)

Ler máis

Balidea desenvolve o novo portal web da Axencia de Coñecemento en Saúde

Balidea vén de achegar unha nova contribución á listaxe de páxinas web accesíbeis e responsive da nosa terra, e fíxoo a través do novo portal web da Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS), que estreou portal desenvolvido pola firma con sede en Compostela. Segundo destaca a empresa, a web deseñouse “pensando en establecer un modelo de portal que fose quen de (...)

Ler máis

A galega Xesol loce achados de condución intelixente en CEBIT

A firma galega Xesol Innovation está pisando forte este ano 2018. Recentemente, o 19 de abril, deu a coñecer na Cidade da Cultura os seus achados recentes nunha relevante xornada tecnolóxica organizada polo Clúster TIC Galicia. Ademais, hai só uns días presentou na XVI edición de GaliciaTIC o seu innovador sistema tecnolóxico que é quen de detectar peóns na (...)

Ler máis

Jon Torrado é o novo co-conselleiro delegado de GamersWalk

GamersWalk, a innovadora plataforma de eSports nacida en Galicia, continúa en plena expansión e o seu consello de administración vén de nomear a Jon Torrado como novo co-conselleiro delegado da empresa. O até hoxe CTO da compañía manterá as súas funcións de carácter técnico, do mesmo xeito que Manuel Alexandre Rivas, o outro co-conselleiro delegado encargado da (...)

Ler máis

Seresco facilita a actividade dos Recursos Humanos con cinco claves tecnolóxicas

A empresa tecnolóxica Seresco presentou este mes de xullo unha serie de recomendacións para facilitar a actividade profesional das persoas e os equipos responsábeis dos departamentos de Recursos Humanos nas empresas. A escolma pon o foco nas circunstancias específicas desta tempada estival, destacando entre todas elas unha circunstancia: as pagas extra de (...)

Ler máis

Codebit abre nova oficina en Reino Unido e afianza o seu empuxe no mercado europeo

A empresa compostelá Codebit, centrada no desenvolvemento de software de facturación e TPV (Terminais Punto de Venda) específicos para todo tipo de negocios e sectores, vén de dar importantes pasos no seu proceso de espallamento internacional. Segundo informan fontes da firma, esta vén de abrir nova oficina de traballo en Londres. O obxectivo: reforzar e (...)

Ler máis

O Goberno de Ames visita as dependencias da empresa tecnolóxica Tecalis Innovación

A empresa Tecalis, centrada en servizos TIC avanzados, vén de amosar as súas importantes liñas de actividade e os seus compromisos sociais e igualitarios perante o Concello de Ames. Foi no transcurso dunha visita do alcalde, José Miñones, ás instalacións que a dita firma ten no Polígono Novo Milladoiro, unha estadía na que participaron (entre outras/os (...)

Ler máis

Vitae prepáranos en decembro para obter a prestixiosa acreditación PMP

Fóra dos ámbitos profesionais TIC, as siglas PMP non son aínda grandes coñecidas, pero no sector de proxectos dixitais a súa presenza é constante e presentan unha serie de retos relevantes para o colectivo desenvolvedor: van directamente relacionadas coa procura de novos e mellores xeitos de traballar. Para quen non o saiba, son as siglas de Project (...)

Ler máis

0 | ... | 290 | 300 | 310 | 320 | 330 | 340 | 350 | 360 | 370 | ... | 880

Dinahosting hospeda este espazo web






Revista en PDF:

Descárgaa xa







AMTEGA
· Metaversos. Enfoque opensource - GaiásTech
· O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación do prazo para solicitar os bonos dixitais ata o 15 de decembro
· A Xunta destaca a importancia da concienciación dixital para crear un territorio conectado e seguro

Axencia Galega de Innovacion

O Portal da Lingua Galega







Código Cero

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

CONTACTO

  • Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
    Rúa das Hedras 4 1 G
    (Pol. Novo Milladoiro)
    15895 Ames - Milladoiro
  • 981 53 02 68
  • redaccion@codigocero.com

Premios

       

© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade