Menu
PRINCIPAL
  • Recursos de buscaEscolma de buscadores
  • EMPRESASNovas sobre empresas TIC
      • Nexos 25 impulsa dous proxectos para responder á demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo e intelixencia (...)

        O programa Nexos 25 atende a crecente demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo, intelixencia (...)

        Vitae organiza en xuño unha nova xornada gratuíta sobre as utilidades da IA Xenerativa no software

      • Vitae achega en verán a 5ª edición do seu curso sobre IA Xenerativa para a selección de perfís (...)

        En xuño volve o curso de Vitae centrado na programación de aplicacións profesionais con IA

        Vitae mostra aos propietarios de produto como usar a IA para aumentar en axilidade

  • SubscríbeteAs nosas novas por e-mail
    • Subscríbete ao noso boletín

      En móbiles e tabletas

      Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.

      Redes sociais

             

  • Codigo.gal 
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Edición Impresa
  • Top 100 (webs galegas)
  • Top 50 (webs en galego)

empresas

EGATEL anuncia un innovador sistema de comunicacións por satélite

Durante a visita ás instalacións en Ourense de EGATEL do conselleiro de Economía (visita da que falamos os días pasados dende Código Cero), Francisco Conde, a compañía tecnolóxica galega fixo unha serie de anuncios importantes sobre a súa actividade vindeira. Entre outras cousas, deu a coñecer que está a desenvolver os últimos detalles dun sistema de comunicacións (...)

Ler máis

Volve este outono o curso de Vitae sobre como constituír os mellores equipos TIC

Vitae Consultores vai organizar estes meses de novembro e decembro unha nova edición, a 17, da súa actividade formativa dirixida a mellorar o día a día (a toma de decisións, a planificación, a xestión, a creación dos máis axeitados grupos de traballo) dos responsábeis dos equipos humanos nas empresas tecnolóxicas e, tamén, das persoas encargadas dos departamentos (...)

Ler máis

A sinatura dixital de Docuten funcionará dentro do ERP de Microsoft

Innova como Microsoft ISV Development Center e provedor especializado de solucións e servizos de Microsoft Dynamics, e Docuten como especialista en sinatura electrónica con clientes do calibre de Desigual, Louis Vuitton, Estrella Galicia ou Cabify, acaban de asinar un acordo para crear e comercializar a aplicación Docuten eSign para Microsoft Dynamics (...)

Ler máis

O Clúster TIC Galicia e a LaconNetwork premian ao mellor do sector tecnolóxico galego

Mensualmente os albaneis da nube xúntanse en encontros gastronómicos por distintas localizacións galegas para fornecer o contacto dos distintos axentes do sector TIC galega, e esta iniciativa chamada LaconNetwork ten xa como unha tradición iniciar o ano celebrando o seu aniversario e celebrando unha gala de entrega de premios que axude a dar visibilidade a (...)

Ler máis

A plataforma galega Fenix celebra o seu primeiro aniversario

Fenix, o revolucionario software galego para a xestión clínica, está de aniversario. De feito, xa pasou un ano dende que a firma SIVSA, responsábel do seu desenvolvemento, decidiu poñelo no mercado co obxectivo de optimizar o traballo dos profesionais médicos e das clínicas de dimensión media e pequena. “Ao longo destes primeiros doce meses de actividade”, (...)

Ler máis

GeoTask revoluciona dende Galicia Open Future a xestión de recursos empresariais en desprazamento

O centro de crowdworking impulsado por Telefónica na Cidade da Cultura, Galicia Open Future (terceira edición), está a acelerar (entre outras moitas experiencias salientábeis de innovación) unha interesante proposta para favorecer a xestión empresarial a través dos dispositivos intelixentes. Trátase de Geotask, unha aplicación web e móbil desenvolvida por (...)

Ler máis

Vitae Consultores celebra os seus 15 anos dende a vangarda da formación transformadora

Vitae Consultores, un dos nosos grandes referentes en formación avanzada para profesionais do ámbito tecnolóxico e transformador (e tamén doutros sectores punteiros), está estes días de celebración. Concretamente, a conmemoración dos seus 15 anos de vida, tres lustros de intensa actividade acompañando ás nosas empresas e aos equipos humanos que acubillan nos seus (...)

Ler máis

Balidea achegará as posibilidades de ADESTRapp aos clubs galegos de fútbol

A empresa TIC Balidea, con sede principal en Santiago, vén asinar un convenio coa Real Federación Galega de Fútbol para facilitar o uso da ferramenta ADESTRapp entre os clubs galegos: será o recurso de video-análise de referencia para todas as seleccións galegas de fútbol, fútbol sala e árbitros. O convenio asinado entre ADESTRapp e a Federación inclúe tamén a (...)

Ler máis

Vitae Consultores mostra como facer programas claros, ben artellados e de calidade

A claridade e a sinxeleza son as claves dunha boa construción. Isto que é aplicábel ao ámbito arquitectónico e urbanístico, tamén se pode trasladar ao eido do desenvolvemento informático, onde tamén son valores primordiais (arquitectonicamente falando) a boa disposición das diferentes partes que integran o todo, os espazos diáfanos e os lugares cómodos e (...)

Ler máis

Unayta cataloga e dixitaliza os cen anos de historia da Coral De Ruada

Unayta, empresa galega centrada en servizos dixitalización documental, sinatura biométrica e redes sociais, vén de xuntar forzas coa Coral de Ruada para universalizar, preservar e poñer en valor os seus arquivos, un máis que relevante legado histórico e artístico da nosa terra. De feito, a Coral de Ruada é unha das agrupacións musicais máis antigas de Galicia, (...)

Ler máis

0 | ... | 220 | 230 | 240 | 250 | 260 | 270 | 280 | 290 | 300 | ... | 880

Dinahosting hospeda este espazo web






Revista en PDF:

Descárgaa xa







AMTEGA
· Metaversos. Enfoque opensource - GaiásTech
· O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación do prazo para solicitar os bonos dixitais ata o 15 de decembro
· A Xunta destaca a importancia da concienciación dixital para crear un territorio conectado e seguro

Axencia Galega de Innovacion

O Portal da Lingua Galega







Código Cero

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

CONTACTO

  • Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
    Rúa das Hedras 4 1 G
    (Pol. Novo Milladoiro)
    15895 Ames - Milladoiro
  • 981 53 02 68
  • redaccion@codigocero.com

Premios

       

© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade