Menu
PRINCIPAL
  • Recursos de buscaEscolma de buscadores
  • EMPRESASNovas sobre empresas TIC
      • Nexos 25 impulsa dous proxectos para responder á demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo e intelixencia (...)

        O programa Nexos 25 atende a crecente demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo, intelixencia (...)

        Vitae organiza en xuño unha nova xornada gratuíta sobre as utilidades da IA Xenerativa no software

      • Vitae achega en verán a 5ª edición do seu curso sobre IA Xenerativa para a selección de perfís (...)

        En xuño volve o curso de Vitae centrado na programación de aplicacións profesionais con IA

        Vitae mostra aos propietarios de produto como usar a IA para aumentar en axilidade

  • SubscríbeteAs nosas novas por e-mail
    • Subscríbete ao noso boletín

      En móbiles e tabletas

      Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.

      Redes sociais

             

  • Codigo.gal 
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Edición Impresa
  • Top 100 (webs galegas)
  • Top 50 (webs en galego)

empresas

Vitae organiza en marzo a 3ª edición do seu curso sobre Microsoft Fabric

A consultora galega Vitae, referente galego e estatal en formación tecnolóxica avanzada para empresas e profesionais TIC, organiza este mes de marzo a terceira edición do curso Introdución a Microsoft Fabric, de 9 horas de duración, a desenvolver os días 9, 11 e 16 de marzo.

Ler máis

Vitae ábrenos a porta da calidade no desenvolvemento cun novo curso sobre Angular 5

Vitae Consultores, no seu camiño de poñernos ao tanto das tecnoloxías de meirande potencial para o noso día a día, ten no seu programa formativo deste outono unha actividade encamiñada a abrirnos novos horizontes de desenvolvemento informático. Trátase da quinta edición do Curso Angular 5 con TypeScript e Observables, un obradoiro de 20 horas previsto para os (...)

Ler máis

En novembro chega a 4ª edición do curso de desenvolvemento seguro ante ciberameazas de Vitae

A Rede é unha gran ferramenta e, como tal, resulta positiva ou negativa dependendo do uso que lle dean os internautas. Para a consultora galega Vitae, referente na formación tecnolóxica avanzada para profesionais dos sectores innovadores, o feito de que o mundo dixital posúa grandes e importantes utilidades non debe facernos esquecer a necesidade de (...)

Ler máis

En outubro volve o curso de Vitae que nos axuda a resolver conflitos na nosa empresa

A consultora tecnolóxica Vitae incluíu nas súas actividades de comezo de curso unha proposta formativa para axudarnos a volver ao traballo con bo pé. Trátase do Curso de Resolución de Conflitos, que chega á súa sétima edición, en formato de aula virtual, os días 6, 8, 13 e 15 de (...)

Ler máis

Volve este outono o histórico curso de Vitae sobre proxectos TIC áxiles con Scrum

Entre os procesos imparábeis dos que somos testemuñas e que van afectar a todo o que nos rodea (comunicación, empresa, formación, cultura, sociedade, etc) está sen lugar a dúbidas a dixitalización. Ante este panorama de transformación incrementouse a demanda de todo tipo de produtos e servizos TIC, pero non uns produtos ou servizos calquera, senón os que (...)

Ler máis

A galega Muutech axuda a mellorar rendemento das empresas e evitar problemas de produción

Entre as novas firmas innovadoras galegas que están a coller impulso e voar, Muutech Monitoring Solutions atópase entre as que separan máis centímetros do chan. Recentemente finalista nos Premios TIC Galicia, trátase dunha startup de revolucionarias solucións para a monitoraxe e control de contornas de sistemas de información, industriais e de produción. Ten (...)

Ler máis

Imatia volve achegar estadías e formación avanzada aos universitarios de Telecomunicacións

A empresa galega Imatia está a achegar novamente formación especializada para os nosos universitarios de Telecomunicacións. E faino apoiando boa parte desta actividade educativa no emprego de tecnoloxía de seu para o desenvolvemento de software, a tecnoloxía Ontimize. Esta achega formativa intégrase no compromiso de Imatia co mundo universitario e co talento (...)

Ler máis

Vitae salienta con dúas xornadas as vantaxes de sermos profesionais TIC con saúde

O vindeiro mes de marzo, Vitae Consultores organiza na Coruña (o día 23) e en Vigo (o día 24) dúas xornadas en aberto centradas na saúde das persoas e organizacións. A intención da consultora tecnolóxica galega, moi centrada en actualizar os contidos dos nosos profesionais en relación coas máis avanzadas ferramentas e tendencias dixitais, é “mellorar a saúde das (...)

Ler máis

Os RegTech Awards recoñecen o impacto social da compañía galega Docuten

A galega Docuten, compañía especializada en solucións de sinatura dixital, factura electrónica e cobro, foi galardoada a semana pasada co premio de Maior Impacto Social dentro dos RegTech Awards, premios entregados durante a 2º edición da RegTech Unconference, que reuniu a máis de 80 directores xerais das empresas tecnolóxicas máis innovadoras do (...)

Ler máis

CIES (Seresco) axuda ás administracións a afrontar os seus principais desafíos en ciberseguridade

Nun contexto global, onde as ameazas cibernéticas son cada vez máis sofisticadas e frecuentes, as administracións públicas enfróntanse a desafíos críticos en materia de ciberseguridade, e Galicia non é allea a este crecente problema. Así nolo contan o grupo Seresco e a súa firma CIES, que lembran que en 2023 os Concellos e a Xunta contabilizaron máis de 1.500 (...)

Ler máis

0 | ... | 120 | 130 | 140 | 150 | 160 | 170 | 180 | 190 | 200 | ... | 880

Dinahosting hospeda este espazo web






Revista en PDF:

Descárgaa xa







AMTEGA
· Metaversos. Enfoque opensource - GaiásTech
· O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación do prazo para solicitar os bonos dixitais ata o 15 de decembro
· A Xunta destaca a importancia da concienciación dixital para crear un territorio conectado e seguro

Axencia Galega de Innovacion

O Portal da Lingua Galega







Código Cero

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

CONTACTO

  • Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
    Rúa das Hedras 4 1 G
    (Pol. Novo Milladoiro)
    15895 Ames - Milladoiro
  • 981 53 02 68
  • redaccion@codigocero.com

Premios

       

© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade