Elgato presenta un teleprompter ideal para streamers
martes, 17 de outubro do 2023
A
marca de accesorios orientados principalmente a xogadores e streamers, Elgato
(propiedade actualmente de Corsair), vén de presentar un novo produto moi
atractivo, que consiste nun teleprompter compacto tras o que podemos colocar
unha cámara ou unha webcam, para asà poder estar vendo contido mentres se mira
a cámara, conseguindo unha maior conexión con espectadores e interlocutores.
Elgato Prompter está
composto basicamente por unha pantalla de 9 polgadas (cunha resolución de 1.024
x 600 pÃxeles) que reflexa a súa imaxe nun cristal de espello tras o que
agochamos a cámara. A pantalla conéctase ao noso ordenador mediante USB-C e
pode servir para que proxectemos un guión que ler sen que se note, unha
presentación de PowerPoint, un chat en directo ou basicamente calquera cousa
que desexemos ver mentres falamos a cámara, e que incluso podemos aproveitar
como monitor secundario cando non usemos a cámara simplemente para ver algo aparte
do noso monitor principal (como seguir unha retransmisión deportiva mentres
facemos outra cousa).
A grande vantaxe deste teleprompter é que funciona sen grandes complicacións, pois
xa inclúe pantalla, e incorpora o software que facilita replicar os contidos que
desexemos nesta pantalla externa, facilitando asà que, por exemplo, poidamos
participar nunha videoconferencia mantendo en todo momento o contacto visual co
resto de participantes, ou incluso dando datos importantes sen que o resto de
persoas perciba que se están a ler en pantalla, dun xeito semellante a como fan
os presentadores de informativos en televisión.
Esta interesante solución é compatible con numerosas cámaras dixitais mediante
aneis adaptadores, aÃnda que o fabricante recomenda empregar o Elgato Prompter
coa webcam Facecam Pro da mesma marca (xa que é unha cámara capaz de ofrecer
vÃdeo en 4K a 60 imaxes por segundo, garantindo asà unha grande calidade).
Para empregar este trebello como un teleprompter tradicional inclúe a
aplicación Camera hub, na que podemos dar formato a un guión, organizar o
contido en capÃtulos, definir o tamaño de letra e incluso marcar a velocidade á
que se desprazará o texto en pantalla, para que asà poidamos ler ao noso ritmo
os textos que queiramos narrar sen que se note. A aplicación tamén está
preparada para proxectar o chat de canles de Twitch.
Ao funcionar como un monitor externo, tamén é posible arrastrar calquera
aplicación, arquivo ou navegador para velo no Elgato Prompter e, como era de
esperar, tamén é posible manexar o trebello con dispositivos Stream Deck.
Non hai dúbidas en que estamos ante un dispositivo moi ben pensado, que resulta
moito máis cómodo que outros teleprompters que basean o seu funcionamento no
uso de móbiles e tabletas, pero, en consecuencia, temos tamén que é un produto
bastante máis caro, vendéndose oficialmente a 299,99 euros, de xeito que é
preciso un mÃnimo de actividade para xustificar tan investimento.
VÃdeo promocional do Elgato Prompter
