Discrepan sobre a consideración de que o xogo de Zelda é o mellor da historia
xoves, 5 de xullo do 2007
O número
especial da revista EDGE que percorrÃa os 100 mellores xogos da historia
parece estar rodeado de polémica, pois se ven os 10 mellores xogos gozaban do
recoñecemento do público, cando se amplÃa a listaxe as discrepancias vólvense
enormes, especialmente ó ver que tÃtulos clásicos moi respectados (coma Tetris) aparecen en malas posicións.
Mesmo algún crÃtico se lanzou á xugular dos responsables da revista afirmando
que o xogo de Zelda que cualificaban como o mellor da historia non merecÃa tal
recoñecemento, que deberÃa
recaer sobre Super Mario Bros.
Asà pois podemos afirmar que a
listaxe da revista EDGE é moi desigual, de xeito que os xogos das consolas
están mellor valorados que os de PC, e as categorÃas se mesturan dun xeito nada
claro, pois se ben comprar ós xogos de Mario ou Zelda son doados de ponderar,
se os comparamos con Tetris ou Street Fighter II a confusión será
absoluta.
Para sacar as nosas propias conclusións recomendamos consultar as distintas listaxes de
mellores xogos que fixeron varias publicacións nos últimos anos, de xeito
que teriamos que parece haber unanimidade ó considerar que o Super Mario 64 é o mellor xogo da
historia, seguido de Tetris
(posiblemente máis importante por ser o xogo adaptado a máis plataformas que se
coñece) e, agora si, The Legend of Zelda:
Ocarina of Time, empatando estes dous últimos xogos, ós que segue Street Fighter II (que tamén empata con The Legend of Zenda: A Link to the Past).
AÃnda que as distintas listaxes sexan moi diferentes, está claro que coinciden
en recoñecer algúns tÃtulos dos mencionados, polo que algo deben ter.
De tódolos xeitos hai que recoñecer que o público dos videoxogos afecta moito a
estas listaxes, detectándose auténticos baleiros en perÃodos coma os anos 80
(que deron algúns dos mellores xogos que se coñecen, pero que só aprecian os
que os xogaron no seu dÃa, coma poderÃan ser Pac-Man ou Space Invaders).
