Dinahosting recupera a normalidade tras un ataque de denegación de servizo
mércores, 24 de decembro do 2014
A primeira hora da mañá, e despois dunhas 16 horas de
incidencias, os servidores albergados pola compañÃa galega Dinahosting
conseguiron volver á normalidade tras superar un impresionante ataque
de denegación de servizo que afectou
a uns 60.000 usuarios en España, facendo que moitas páxinas web galegas
estivesen fóra de servizo durante a tarde de onte e a pasada madrugada.
Recuperada a normalidade, dende Dinahosting destacan que o ataque de DDoS
afectou ao seus sistema de DNS, o que impedÃa o acceso aos servizos a través do
seu nome na Rede. Este incidente foi provocado por centos de milleiros de
conexións distribuÃdas na Internet que multiplicaron aproximadamente por 130 o
tráfico habitual dos servidores de Dinahosting, facendo que non puidesen atender
tal demanda, e provocando a saturación do seu acceso.
Dende Dinahosting aseguran ter implantado contramedidas e continuar a
monitorizar e supervisar a súa infraestrutura para garantir o seu bo
funcionamento, lembrando que os datos
dos seus clientes non se viron comprometidos en ningún momento e adiantan
que en breve publicarán un informe oficial sobre a incidencia no seu blog.

Durante o ataque de DDoS o tráfico nos servidores de Dinahosting chegou a multiplicarse por 130
