Determinan que as actividades de TVMix.net non constitúen delicto
luns, 12 de maio do 2008

- TVMix e Rojadirecta son 2 das webs que publican as axendas deportivas accesibles a través da Rede
Existen distintas solucións baseadas en
tecnoloxÃa P2P para compartir emisións televisivas en directo a través da Rede,
e varias webs, como
a galega Rojadirecta.com, que achegan información ao respecto, polo
que se están a enfrontar a accións xudiciais por parte de entidades como
Audiovisual Sport, Digital+ e a Liga de Fútbol Profesional, e agora coñecemos
un caso no que a web acusada sae impune, pois un xuÃz sobreseu as
actualizacións contra TVMix.net ao considerar que non constitúe
delito ofrecer ligazóns a transmisións deportivas que algunhas canles
estranxeiras emiten en aberto.
A causa estaba a tomar unha dirección moi perigosa, pois a información
publicada por TVMix.net tamén se
podÃa acadar de xeito doado a través de Google, polo que as dilixencias se
ampliaran contra Google Spain, S.L.

- PPLive permite seguir centos de retransmisións deportivas
É de agardar que nos vindeiros meses vexamos resolucións semellantes para
outras páxinas web que publican información sobre o seguimento de actividades
deportivas a través da Internet.
Curiosamente isto coincide coa presentación dunha denuncia contra a plataforma
chinesa PPLive por infrinxir o copyright da compañÃa Beijing Shidai Yingyin
International Entertainment Co., que pide
unha compensación de 330.000 iuans (30.317 euros).
É a primeira vez que se emprenden este tipo de accións contra PPLive, que é un
dos servizos P2P televisivos máis populares con 85 millóns de usuarios o pasado
mes de outubro, e que ofrece acceso a centos de contidos entres os que está a
NBA e o fútbol europeo.
