Desaparece a canle televisiva Movistar Disney
venres, 6 de marzo do 2020
Cando se falaba do espallamento internacional de Disney+
comentábase que no caso español poderÃa adiarse esta plataforma de vÃdeo baixo
demanda por existir a canle Movistar Disney, segunda canle de televisión de
pagmaento do mundo tras Sky Movies Disney en Reino Unido, que ofrece as 24
horas contidos de Disney entre os que non faltan grandes éxitos
cinematográficos como Frozen, El Rey León ou os filmes de Piratas
del Caribe. Pero como ben sabemos, o 24 de marzo chegará a España Disney+,
e unha das consecuencias diso pillou a moitos por sorpresa: a
partires do dÃa 24 a canle Movistar Disney cambará do dial 32 ao dial 101, para
cesar as súas emisións o dÃa 31 (aÃnda que os contidos permanecerán
dispoñibles ata o 7 de abril grazas ao servizo Últimos 7 DÃas).
Falamos dunha baixa dunha canle de televisión de pagamento que non será
compensada por outra canle equivalente, aÃnda que o feito de que Movistar
accedese á cancelación da canle cando supostamente quedaban varios meses de
contrato en vigor poderÃa indicar acordos entre as partes para facilitar a contratación
de Disney+ dende Movistar, como tamén acontece con outras plataformas over-the-top.
