DJI prepara unha cámara compacta estabilizada con 2 obxectivos
venres, 15 de maio do 2026
Cando hai un mes DJI presentou a súa cámara compacta con estabilizador Osmo Pocket 4, decepcionou a moitos porque basicamente se trata dunha revisión da Osmo Pocket 3 con maior luminosidade e fidelidade cromática, cando se agardaba unha revolución que xustificase a renovación da cámara con este formato máis vendida da historia.
Pero o trebello que a xente estaba agardando levaba xa meses nas máis dalgúns creadores de contidos, polo que as filtracións sobre unha Osmo Pocket con dous obxectivos deixaban claro que DJI tiña un produto interesante no forno, que finalmente se confirmou cunha presentación en Cannes. Falamos da DJI Osmo Pocket 4P, que promete máis perspectivas e máis historias, grazas ao seu orixinal formato.
A futura DJI Osmo Pocket 4P segue a ser unha incógnita comercial (non se adiantou a súa data de lanzamento nin o seu prezo oficial), e o que comunicou DJI é que basicamente ofrece a mesma tecnoloxÃa da Osmo Pocket 4, presumindo dun «rango dinámico de nivel cinematográfico para unha rica profundidade tonal, xunto cun rendemento de cor 10 bits D-Log2 que permite fluxos de traballo profesionais de corrección de cor».
As posibilidades que abre a nova cámara é que, ao contar con dous obxectivos, permite unha visión ampla propia deste tipo de cámaras populares para a gravación de viaxes, ao que engade un obxectivo cun zoom óptico de 3 aumentos, o que facilita tomas máis próximas e persoais. O sistema permitirÃa a gravación simultánea con ambos obxectivos, polo que os creadores poderán escoller posteriormente as tomas que resulten máis acaÃdas en cada situación. Tamén integrará 107 GB de almacenamento interno, evitando asà a dependencia de tarxetas microSD.
Cómpre salientar que a competencia de DJI, Insta360, tamén está a preparar unha cámara moi semellante, a Insta360 Luna Ultra, que contarÃa coa mesma combinación de obxectivos, amparada co selo de calidade de Leica, rumoreándose que o seu prezo de venda será de 1.050 euros, deixando claro que estamos ante un produto que busca algo máis que competir coas pequenas cámaras de viaxe.
