Click será a primeira pelÃcula para discos Blu-ray de 50 Gb
luns, 9 de outubro do 2006
Actualmente se poder ver nas pantallas de cine galegas a pelÃcula Click, protagonizada por Adam Sandler, que resultará ser o primeiro lanzamento para discos Blu-ray de 50 Gb de capacidade en EE.UU., seguido polas pelÃculas Black Hawk Derrivado e Talladega Nights: The Ballad of Ricky Bobby.
Os primeiros discos Blu-ray teñen unha única capa de datos, nas que se almacenan ata 25 Gb de información, pero o novo formato de dobre capa permitirá a incorporación de moita máis información de alta definición.
Click sairá esta mesma semana nos EE.UU. como estrea do formato de dobre capa por parte de Sony Pictures, mentres que outros fabricantes como a 20th Century Fox, Lionsgate ou a Warner Bros xa están a preparar a entrada no novo formato para as vindeiras semanas.
A grande capacidade dos novos discos Blu-ray permitirá non só que as imaxes das pelÃculas cheguen en alta definición, senón que incluso permite que o son se almacene sen compresión, de xeito que se conserva mellor a súa calidade.
De tódolos xeitos, este tipo de lanzamentos comerciais non deixan de ser anecdóticos, xa que o número de reprodutores de alta definición no mercado aÃnda é moi reducido, e non será ata o Nadal cando veremos a acollida que teñen tanto os discos Blu-ray coma os HD DVD.
