Cambia o cómputo do consumo mínimo de Movistar

martes, 24 de xuño do 2008 Marcus Fernández

Parte do Manual de prezos no que se detalla o polémico cambio no cómputo do consumo mínimo

Foros e blogs sobre telefonía móbil están a advertir nas últimas horas de que Movistar cambio o xeito de computar o consumo mínimo mensual dos contratos particulares, que contará só as chamadas de voz nacionais, de xeito que os SMS, os MMS e as videochamadas non contarían para tal concepto, o que podería ser unha suba de prezos moi importante nalgúns casos que só o percibirán cando reciban a vindeira factura mensual.
O roaming tampouco contará no consumo mínimo, de xeito que os usuarios que non cheguen ao s 9 euros + IVE en chamadas a números fixos ou móbiles en España deberán pagar tal cantidade aínda que a superen a través doutros conceptos.
Segundo parece, tal modificación dos prezos de Movistar só aparece reflectida no Manual de prezos, unha opción que se atopa no Canal Cliente da páxina web da compañía.