Boa resposta ante o novo servizo cartográfico do Instituto de Estudos do Territorio

luns, 21 de maio do 2012 Redacción

A nova plataforma web que dende o pasado mércores recolle a información cartográfica de Galicia a través dun visor que recolle máis de 20.000 mapas correspondentes a 4 series cartográficas de Galicia, rexistrou nos seus 2 primeiros días de funcionamento uns 75.000 accesos, deixando constancia do interese público desta ferramenta en liña.
Esta iniciativa do Instituto de Estudos do Territorio permite a consulta e descarga en formato PDF da Base Topográfica de Galicia, o Mapa de Usos do Solo de 2005, a ortografía do PNOA de 2009-2010 e a ortografía do Voo Americano do ano 1956, unha cartografía inédita que suporá tras 2 anos de traballo, máis de 4.000 mapas daquela época, coa toponimia actual.
A iniciativa supón un impulso á difusión simplificada con alta calidade a través dunha plataforma desenvolvida con software libre que permite facer buscas segundo as necesidades do usuario, xa sexa por unidades administrativas, por coordenadas xeográficas ou por referencia catastral, entre outras. Esta plataforma incrementará a súa base de datos pouco a pouco, ao punto que se prevé aumentar con outros 20.000 mapas nos vindeiros meses. As novas incorporación serán, entre outras, os produtos derivados da cobertura LiDAR, as novas ortofotografías, a actualización do Sistema de Información de Ocupación do Solo (SIOSE), o mapa forestal, e todas as derivadas dos estudos que se encomenden ao Instituto.