Betabeers Galicia afondará na programación de proxectos emprendedores
martes, 29 de marzo do 2016
O vindeiro 7 de abril ás 20:00 horas as instalacións de
WeKCo na Avda. Novo Mesoiro da Coruña volve acoller unha nova
edición de Betabeers Galicia, encontro para desenvolvedores web e móbiles
que combina charlas técnicas, presentacións de proxectos e networking.
Nesta ocasión a charla técnica que centra a xornada será impartida por David Pombar, un dos fundadores de
SetPay, e impulsor de varias iniciativas para favorecer o emprendemento (como Startup Galicia), que baixo o provocador tÃtulo É doado saber programar, o fodido é saber o
que, pretende afondar nos inicios das programación de proxectos, na
exploración nas necesidades dos usuarios, na importancia da eficiencia como
métrica para a calidade da programación e no concepto de MÃnimo Produto Viable.
Tras a intervención de Pombar Rodrigo
Lago presentará Ubiplay Mobile, compañÃa
de desenvolvemento de software que desenvolveu un motor de aventuras, Ubiplay Engine, para crear
aplicacións para Android e iOS a través dun editor gráfico; e Pablo Cancelo
Beade e Jonathan GarcÃa Quintela presentarán a súa ferramenta OpositaTest, que serve para preparar en
liña test de oposicións.
A xornada pechará cunha intervención de MarÃa del Carmen López Gómez, directora
de Galicia Open Future, que presentará a terceira convocatoria para a
aceleración de proxectos galegos, aberta até
o vindeiro 15 de abril.
