Asus quere levar o éxito do Eee a novos produtos
mércores, 30 de xaneiro do 2008

- Jerry Shen presentando o E-TV
O éxito do ordenadores ultraportátiles Asus Eee PC
leva a Asustek a preparar unha nova
liña de produtos de electrónica de consumo coma será o Asus E-DT (versión
de sobremesa o Eee que custará entre 200 e 300 dólares), o televisor de 42
polgadas E-TV (que integrará un ordenador con Linux, o que incrementarÃa o seu
prezo con respecto a outros televisores nuns 200 dólares) e o E-Monitor (que é
un ordenador de sobremesa integrado nun monitor de 19 ou 21 polgadas
incorporando tamén sintonizador de televisión e que se venderá uns 499 dólares).
Estes 3 novos
produtos foron anunciados polo presidente da compañÃa, Jerry Shen, quen estimou
que os seus lanzamentos serÃan en abril ou maio (o E-DT) e setembro (o E-TV e o
E-Monitor). Con estes novos produtos Asus pretende incrementar o seu negocio en
pantallas LCD, que ten moi pouca presenza no mercado.
