As aplicacións móbiles de Wuaki.tv xa son compatibles con Chromecast
xoves, 15 de maio do 2014
O servizo de pelÃculas e series de televisión baixo demanda Wuaki.tv publicou esta semana as actualizacións
das súas aplicacións
móbiles para iOS e para Android,
incorporando ambas como principal novidade o soporte de Chromecast, de xeito
que os usuarios deste prometedor accesorio de Google poderán ver os contidos de
Wuaki.tv comodamente no seu televisor podendo controlar a reprodución dende o
seu smartphone ou tablet, converténdose no xeito máis práctico de acceder a
esta plataforma.
Para promover este xeito de consumir contidos audiovisuais e probar de xeito
intensivo esta nova prestación, dende Wuaki.tv están a lanzar promocións baseadas
no Chromecast, como a posibilidade de mercar un Chromecast por 19,99 euros
(para o que haberÃa que subscribirse ao servizo de tarifa plana de boa parte
dos contidos desta plataforma, Wuaki Selection, que é de balde o primeiro mes e
sen compromiso de permanencia), aÃnda que pode resultar máis atractiva a
posibilidade de mercar o Chromecast por 29,99 euros, incluÃndo 4 meses de Wuaki
Selection (o que permite unha proba máis repousada do potencial do servizo en
liña a un prezo reducido, pois habitualmente a mensualidade custarÃa 6,99 euros).
A estes prezos haberÃa que engadir 5 euros de gastos de envÃo.

- Wuaki.tv está a subvencionar a compra do Chromecast para os subscritores de Selection
