As Office Web Apps estreánse con 25 Gb de almacenamento

mércores, 9 de xuño do 2010 Marcus Fernández

As Office Web Apps levan moito tempo anunciándose, e finalmente están aquí, incorporando unha agradable sorpresa consistente na posibilidade de almacenar ata 25 Gb de documentos apoiándose no servizo SkyDrive.
A combinación entre Office 2010, SkyDrive e Office Web Apps preséntase así coma unha solución de produtitividade que permite unha excelente experiencia de uso no PC, no móbil e no navegador web.
Polo momento Office Live xa ofrece a posibilidade de editar e visualizar documentos de Word, PowerPoint, Excel e OneNet dende un navegador web, agradecéndose especialmente que permitan a posibilidade de corrixir a ortografía en galego (detalle no que Microsoft parece está a ser pioneira). Amais, a versión web destas ferramentas ofimáticas non funciona só baixo Internet Explorer, senón que é posible incluso dende Linux e móbil.

As Office Web Apps integran corrección ortográfica en galego