Antena 3 leva as súas series de éxito ó móbil

xoves, 20 de setembro do 2007 Marcus Fernández

O servizo de televisión no móbil de Vodafone incorpora unha nova canle centrada unicamente en series de televisión de Antena 3, de xeito que durante as 24 horas se poderán seguir as entregas de Un paso adelante, Los hombres de Paco e Manos a la obra, mellorando a oferta de Antena 3 no móbil, pois actualmente Vodafone live! TV xa incluía as canles Lo mejor de Antena 3, Canal Megatrix e A3 noticias 24 horas.
A canle Series Antena 3 estará dispoñible para os clientes de Vodafone que teñan o paquete de canles de televisión de Vodafone live! TV ou en pago por acceso.
Dende Antena 3 pretenden así potenciar a súa presenza nas novas plataformas, incrementando a súa oferta móbil, que complementa así as súas iniciativas de publicación de series na Internet ou en TDT.