Amazon.es facilita copias dixitais dos discos de música que merquemos en soporte fÃsico
martes, 25 de xuño do 2013
Como
incentivo, tanto para a compra de música en soporte fÃsico como para o uso de
plataformas musicais baseadas na nube Amazon estrea en España o seu servizo
AutoRip, que consiste en que cando unha persoa adquire un CD ou disco de
vinilo en Amazon.es recibirá de balde a música adquirida en formato MP3,
evitando a molestia de ter que ripear
as cancións ao ordenador, coa vantaxe adicional de poder reproducir a música
dende a nube a través de Cloud Player,
o reprodutor musical de Amazon que está dispoñible a través de web
e para dispositivos móbiles cos sistemas operativos iOS
e Android.
Entre as vantaxes de AutoRip están que é posible escoitar a música que
merquemos en disco antes de recibir o pedido na casa, evitamos ter que copiar
os nosos discos no PC, podemos acceder á versión MP3 de compras en Amazon.es
anteriores ao lanzamento deste servizo e podemos gozar da nosa música en
mobilidade.
