Amazon entrará no mercado español de libros electrónicos este mesmo ano
luns, 21 de febreiro do 2011
A axente
literaria Carmen Balcells, que representa ás principais firmas en lingua
española, avisou
aos seus autores de que Amazon está a preparar o seu desembarco en España,
o que será un revulsivo para o sector que na actualidade xera un negocio
totalmente residual no paÃs (dos 32 autores que xestiona Balcells, en todo 2010
só ingresaron 5.885 euros por obras electrónicas).
Balcells asegura na misiva que remitiu aos seus representados que en 2011
Amazon vai instalarse en España e «desexan
multiplicar vendas». A entrada de Amazon poderÃa ser un movemento decisivo,
coma nos EE.UU., onde marcou un antes e un despois (acaparando o 63% das vendas),
mentres que aquà «o mercado do libro
electrónico está a ter moita notoriedade mediática e moi pouca en termos de
vendas», polo que recomendan cautela no xeito de xestionar os dereitos co
formato dixital.
