AliExpress celebra a súa grande xornada de rebaixas esta fin de semana
venres, 9 de novembro do 2018
España
é un dos poucos paÃses nos que AliExpress emprende accións locais, de xeito que
non só celebramos o DÃa do Solteiro os
11 de novembro (11.11), senón que
tamén temos ofertas exclusivas para o noso territorio, facilitando asà cunha
maior oferta e flexibilidade ao realizar compras neste mercado en liña durante
a vindeira fin de semana.
Precisamente este ano o 11.11 cadrou en domingo, o que fixo que tivesen que
organizar dun xeito un tanto diferente a súa celebración, que comezará o sábado
ás 14:00 horas e manterase durante 48 horas. Esperan recibir infinidade de
pedidos de todo o mundo, superando amplamente a facturación que teñen as tendas
en liña occidentais no Black Friday, e aÃnda que podemos acceder a todas estas
promocións globais, cómpre salientar que se realizamos pedidos a AliExpress
Plaza en España podemos adquirir produtos oficiais de primeiras marcas con
servizo postvenda en España, con entrega de balde en 3 dÃas con envÃo dende España
(de xeito que non só os envÃos son rápidos, senón que tampouco teñen problemas
nas alfándegas) e tamén permiten gozar de 15 dÃas de dereito de desestimento e
2 anos de garantÃa.
Loxicamente os produtos que se adquiren a través deste apartado español de
AliExpress ten prezos menos atractivos que os produtos que chegan dende China,
polo que é decisión do consumidor se opta pola compra local ou pola importación
(e os seus riscos e demoras).
AÃnda que as ofertas de AliExpress afectan a produtos moi variados, teñen
especial éxito nestas xornadas promocionais os produtos tecnolóxicos, ante o
atractivo de facerse con smartphones como o Pocophone F1 a 279 euros, dun Honor
8X con 4 GB de RAM e 128 GB de almacenamento por menos de 207 euros ou dos célebres
patinetes eléctricos de Xiaomi por 339 euros.
Tamén cómpre lembrar que este tipo de campañas teñen ofertas que duran as 48
horas (ou ata que esgoten existencias) á vez que tamén realizan ofertas
lóstrego, co que buscan que os consumidores estean moito tempo pendentes da
tenda en liña, fomentando asà o seu consumo impulsivo.
