Actualizan a tenda de aplicacións de Android

venres, 4 de setembro do 2009 Marcus Fernández

As compras no Android Market están a ser moi inferiores ás da App Store de Apple, e aínda que en boa medida sexa consecuencia do tipo de usuarios de ambas plataformas, é innegable que o deseño da tenda de aplicacións de Android ten moito que mellorar, pero vai avanzando, e na versión 1.6 do sistema operativo móbil promovido por Google incluirá cambios como a posibilidade de ofrecer capturas de pantalla das aplicacións, mellores descricións e iconas para promocionar os desenvolvementos, engadíndose tamén as subcategorías de deportes, saúde, temas e comics dentro das aplicacións.
Podemos facernos unha idea das novidades do Android Market no seguinte vídeo: